Opinión

A desigualdade medra á beira dos mercados

PASOU A crise, seica, e quedan as cinzas en forma de peores soldos, maior temporalidade e unha distribución da riqueza máis desigual. Ata o Banco de España fai fincapé nesta diverxencia pola que en seis anos o 10 por cento máis rico pasou de posuír o 44 por cento, que xa estaba ben, a máis da metade (53%). Porque o mercado (dito en plural aínda que é un só), esa entelequia que quita e pon gobernos porque está por riba deles, determinou as decisións a tomar. Non hai moito un vicepresidente da Comisión Europea non se recatou en resaltar que xa os mercados lle dirán aos italianos como debían votar, pois en España os mercados falaron tamén para marcar o camiño, que foi seguido. Non ocorreu o mesmo en Grecia, onde os cidadáns non fixeron caso, nin en Portugal tampouco. Os mercados marcan o sendeiro a seguir e non lles importa que ás beiras medre a desigualdade.

Comentarios