Opinión

Difícil gañalos e risco de perdelos

Custa moito conseguir dereitos e é demasiado doado perdelos, alertaba a pregoeira do Orgullo en Madrid. Referíase ao relacionado co colectivo LGTBI+ porque era o protagonista, pero faise extensivo. Miren o ocorrido en Estados Unidos, onde un Tribunal Supremo de maioría conservadora elimina o dereito ao aborto establecido medio século atrás, involución que algúns partidos tamén perseguen en España á par que defenden o retroceso do xuridicamente alcanzado lento e penosamente pola muller por moito que desde 1978 estea consagrada a igualdade. Tamén está legalmente permitida a relación homosexual e mesmo o matrimonio gai pero de cando en vez prodúcense agresións homófobas, incluso con resultado de morte como no caso de Samuel Luiz. As alertas polo risco de regresión en dereitos son continuas polo auxe de partidos aos que lles "molesta a visibilidade", por iso non é trivial recordar o tempo e traballo que custou alcanzalos.

Comentarios