miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

A dificultade de estar na misa e repicando

ANDAN en liorta as dereitas (así en plural parece unha linguaxe arcaica, pero recuperouse pola disgregación en tres). E todo porque a sintonía que amosan cada dous racha con todos xuntos. A displicencia con que Ciudadanos trata a Vox, aínda que non lle faga ascos á hora de recibir os seus votos para gobernar, está dinamitando pactos que se daban por feitos, como en Murcia e en Madrid, logo de que se ensaiara con éxito en Andalucía. Cs, atribulado xa coa foto conxunta dos líderes dos tres partidos como fronte común na Praza de Colón de Madrid, finxe desapego da ultradereita homófoba, racista e valedora das esencias franquistas porque pretende así superar á dereita tradicional, a conservadora que representa o PP, por máis que de momento sexa imprescindible a suma das tres, incluída a súa liberal e rexeneradora, para levar o temón dalgunhas comunidades e concellos importantes. Non se pode estar ao mesmo tempo na misa e repicando.

A dificultade de estar na misa e repicando
Comentarios