Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Discernir a falsidade do certo, que difícil

O PAPEL aguanta do que lle poñen, asegura o censurador para criticar algunha información que non considera obxectiva nun periódico ao resultarlle lesiva. É o xeito de defenderse. Pero desta volta si pode ter razón sobre as redes sociais, soporte no que á parte de noticias de medios de comunicación serios tamén circulan as de outros sectarios, ademais de inventos de todo tipo, disparatados con aspecto de formalidade para parecer cribles. Perfís repletos de barbaridades que soen ser creados con intereses políticos, multiespallados para denigrar algunha actuación ou simplemente enxeñar falacias coas que atacar os rivais. As dificultades para desentrañar a verdade da mentira son cada vez maiores. Hai tanta confusión que ás veces ata son consideradas certas informacións humorísticas, como que un irmán de Pedro Sánchez foi colocado como xefe da sección de fotografía no BOE. Internet é unha selva informativa perigosa.

Discernir a falsidade do certo, que difícil
Comentarios