Opinión

Disposición a falsificar

SE ME QUEDARA capacidade de asombro acerca da actividade política desconcertaríame a disposición a falsificar dos nosos líderes. Non é novidade, aínda que magnificada na campaña electoral, por iso non causa estupor o que debería ser aberración digna de dimisión, porque un representante público tería que deixar de selo se engana. Algúns fano escandalosamente, sobre todo o líder xenófobo, que para sustentar a súa ideoloxía asegura que o 70% dos imputados por delitos sexuais son estranxeiros, cando o certo é que o 70% son españois, e que foi arquivado o 86% das denuncias por violencia de xénero, cando a realidade di que só foi o 1,3%.

No seu rotundo nacionalismo español o aspirante a presidente polo principal partido da oposición relata que só Bolivia establece o plurinacionalismo na súa Constitución, cando iso tamén ocorre en Chile ou Rusia, e de feito recoñécese en Canadá, Bélxica ou Suíza. Pero o real non interesa, só arrabuñar uns votos.