Opinión

Distintos tipos de erro

NON ESTAMOS acostumados á cultura do fracaso. Nos anglosaxóns si que está estendido, e perdóase, porque non se equivoca quen non se atreve. E os erros son fonte de aprendizaxe, pero aquí atácanse como peste, por iso a oposición, calquera, a actual e as anteriores, obstínase en transmitir que todas as decisións gobernamentais son incorrectas, para que cando sexa o momento se vote contra os supostos inútiles xestores. Se se comete unha equivocación, que ao mellor para quen ten que tomar decisións non é tal, pódese rectificar; pero máis nocivos son os cambios de posición previa, eses globos sonda que deixan ao Executivo como monicreque. Que se os nacidos entre 1957 e 1970 deben traballar máis ou cobrar menos de pensión reconvertido nunha reflexión en alto sen maior alcance; que se hai que pagar as autovías para logo enfrialo un tempo; que se non se podía baixar o Ive das máscaras. Iso si é daniño, aínda que sexa outro tipo de erro.

Comentarios