Opinión

Distorsións políticas por fallos xudiciais

Se xa era enrevesado o universo electoral catalán, as decisións xudiciais e a pandemia acentuárono. E chegado este momento, pode ser peor, porque mantense provisionalmente a data do 14 de febreiro como cita coas urnas en contra do que defendían case todos os partidos, que consensuaran o 30 de maio. É todo tan complexo que existe un risco considerable de que se apracen as eleccións cando xa estea consumida máis da metade da campaña, pois a decisión defnitiva prevese arredor do 8 de febreiro logo do recurso presentado por un particular e varias formacións extraparlamentarias contra o aprazamento á primavera. Unha vez máis resolucións xudiciais distorsionan a contenda política, algo do que por aquí persoeiros como Besteiro, Pachi Vázquez, José e Fernando Blanco, Orozco, Paula Prado e moitos outros saben abondo. Viron como os xulgados, sen nunca declaralos culpables, truncaron provisional ou definitivamente as súas carreiras. 

Comentarios