Opinión

Dobre vitoria

SÁNCHEZ conseguiu no que queda do Parlamento tras a disolución previa á convocatoria do 28-A unha dobre vitoria. Por un lado, manter a unidade multipartidista que o levou á Moncloa e, por outro, un impulso electoral ao convalidarlle a deputación permanente os decretos sociais que pode utilizar en campaña. Con tensións, e discrepancias en moitas ocasións, o ecléctico grupo que apoiou a moción de censura contra Rajoy aínda sintoniza co presidente, o que parece unha base sólida para permitir a continuidade no caso de que os números cadren, que sería unicamente se entre as tres formacións políticas da dereita non suman a maioría do hemiciclo, porque se dá por descontado que pactarían, igual que fixeron en Andalucía. A oposición e algúns socios do Goberno criticaron o electoralismo das medidas, cando houbo tempo abondo para tomalas antes. Posiblemente sexa certo e vaia utilizarse como un argumento máis para o voto útil. Moi probable.

Comentarios