Opinión

Documento preelectoral, de investidura non

AGOCHAN pretensións ocultas; PSOE e Ciudadanos non asinaron un acordo para a investidura de Pedro Sánchez nin para gobernar os próximos catro anos, senón un documento preelectoral co que atraer votantes na seguinte cita coas urnas, que cada un poida arrebatar ao seu respectivo rival político do seu espectro, o PSOE a Podemos e Ciudadanos ao PP, apoios para conseguir un mellor resultado nos próximos comicios. O líder socialista de feble liderado sae fortalecido sobre todo dentro do seu partido pola amosada capacidade para pactar con quen tivo cualificado de ‘marca branca popular’, pero chegará á investidura con pouco máis apoio que o PP só, por iso o acordo é máis unha posta en escena política que unha verdadeira intención de ser presidente, porque só o conseguiría cunha abstención de PP ou de Podemos, dos que non parece que teñan inclinacións suicidas.

Comentarios