Opinión

A economía sobre a saúde

UTILIZAN os mortos como arma política, pero antepoñen os cartos á saúde. Queren liberdade absoluta para recuperar a actividade económica, pero arremeten con furia desmedida contra o Goberno por non ter confinado antes, sobre todo para que non se celebraran as manifestacións feministas, aínda que así tampouco podía concentrarse a extrema dereita en Vistalegre. Protestan no terceiro barrio máis rico de España pota en man para voltar á normalidade cando hai nada reclamaban protección con palabras grosas. Antes preferían a custodia do Estado polo medo ao contaxio e agora volven ao liberalismo radical a modo de Trump e Bolsonaro, que se riron da pandemia e asumen os miles de mortos que hai e haberá para evitar o colapso económico do que igualmente non están libres os seus países. Incongruencias políticas para reclamar ata "revolución" como método para derrocar un Goberno que non consideran lexítimo porque non é o seu. Perigo.

Comentarios