Opinión

Electoralismo provocador

DÁSELLE BEN a Ciudadanos provocar con fins electoralistas, outra cousa é que consiga o resultado agardado, pero hai que recoñecerlle que comunicativamente son efectivos. A última manobra nesta estratexia foi a moción de censura contra Torra a sabendas de que era inviable, cunha dobre galla de diana, o Govern e, sobre todo, o PSC, póla do PSOE como destinatario final pensando no 10-N.

Igual de provocador que antes cando fora a un acto electoral a Ugao-Miraballes, a vila natal do dirixente etarra Josu Ternera de apenas 4.000 habitantes, consciente de que alí non ía conseguir votos, senón que os buscaba para o resto de España. O mesmo en Alsasua para proclamar o seu españolismo co que conseguir apoios no resto da Península. Ou nalgunha marcha reivindicativa coa que aproveitou para revolverse contra os seus rivais políticos. Estas sobreactuacións vitimistas son impactantes, dan protagonismo e buscan rédito na lonxanía de onde se producen.

Comentarios