Opinión

Empeza unha nova partida

ESTE DÍA pode ser chave. Ou non, como diría o aínda presidente Rajoy. Sánchez e Iglesias chegan á reunión de hoxe coa necesidade de entenderse se o primeiro quere instalarse na Moncloa –aínda que Susana Díaz non o quere deixar para intentar ir ela– e o segundo ser vicepresidente. Sánchez ten que aferrarse a esta posibilidade se non quere retornar a militante raso, porque ou recibe a investidura do Parlamento ou abandona. É a única agarradeira, unha vez bloqueada a partida con Ciudadanos de compañeiro de mesa. Non ocorre o mesmo co seu posible aliado e porén principal rival nun amplo espectro de electorado. Iglesias nesta contenda previa ao 2 de maio ten dúas bazas: unha, a ansiedade do seu potencial socio, que lle pode outorgar case a metade do poder. Esa xa está no taboleiro. E unha segunda, unha nova oportunidade electoral que o pode levar a cotas máis elevadas. Fagan xogo.

Comentarios