Opinión

Enchufismo pícaro

NON PODÍA ser doutra maneira, un país no que o enchufismo é endémico e a picaresca unha arte socialmente arraigada estaba abocado a que se saltaran as quendas establecidas nas vacinacións contra o covid para favorecer uns cantos que abusan do poder, iso si, grazas á asistencia de cómplices que ao tempo buscan recompensa pola súa entrega. Claro que non representa un delito, porque non se trata de tráfico de influencias ao non haber un beneficio económico, pero estes alcaldes e outros cargos municipais, conselleiros autonómicos, militares, relixiosos ou persoal directivo sen actividade asistencial que se saltan o protocolo establecido superan a falta disciplinaria por máis que non se alcance o reproche penal, e o peor é que se trata en gran parte dos nosos electos, nos que depositamos a confianza para que nos simbolicen, pero lonxe de personalizar exemplaridade o que revelan é unha falta de ética que os debía retirar da primeira liña pública.

Comentarios