martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Erros nas desescaladas

Recoñéceo o Goberno central, os autonómicos non pero non están libres de culpa, houbo erros nas desescaladas, porque primou a economía sobre a saúde. Case ningún o dicía, pero os executivos estaban máis preocupados polas contas monetarias que polas dos defuntos, porque estas eran máis facilmente asumibles que as outras. Da onda da que estamos saíndo agora (terceira, quinta, segundo se contabilicen os picos) vén pola apertura de Nadal, igual que a anterior foi polo verán porque había que salvar o turismo. Enfrontámonos á volta dun mes coa Semana Santa e subidos ao optimismo das vacinas algúns xa ven normalidade detrás dos pasos das irmandades e das saetas nos balcóns, pero isto dista moito a parecerse minimamente a hai un ano, cando por estas datas nin autoridades nin cidadáns apenas lle daban importancia a un virus que nos trastocou a vida. E así nos foi. Non recunquemos nos mesmos erros, os gobernos os primeiros.

Erros nas desescaladas
Comentarios
ç