Opinión

Escasa cultura de dimisión

Non hai cultura de dimisión na clase polí- tica española, nin na de sempre nin na chegada hai pouco. Un plaxio parcial dunha tese, un mínimo positivo nun control de alcoholemia ou unha multa por exceso de velocidade son, en países con tradición democrática, motivos para que un representante público deixe voluntariamente de selo. Aquí case todos se resisten a abandonar o posto, aínda que o exerzan con ostentosidade diante da Policía para lograr uns propósitos dubidosos, ou exhiban un máster obtivo cunhas notas que houbo que retocar, ou cobren en B parte do soldo dun partido que arranxa a sede tamén con diñeiro negro, ou por culpar aos usuarios do colapso por neve dunha autoestrada en vez de buscar solucións, aínda que sexa desde un campo de fútbol, ou se están na cúpula dun partido rodeados de corrupción. Son situacións bastantes máis graves, pero os afectados miran para outro lado.

Comentarios