Opinión

Eta, arma política

DEZ ANOS despois de que Eta anunciara que deixaba as armas, a banda séguese mantendo no centro da campaña política. Igual que ás veces a esquerda aínda utiliza a ditadura como ariete no debate case medio século despois de concluída, a dereita resístese a deixar esmorecer o terrorismo ou a súa herdanza como argumento opositor ao Goberno. Unha década non semella tempo abondo para a reconciliación porque máis de 50 anos de sufrimento e 853 mortos non se poden esquecer nin cicatrizar tan pronto, é máis, algúns pretenden manter viva a confrontación por moito que todos os executivos intentaran na súa época a negociación para chegar ao que hoxe estamos e suavizaran a política de dispersión de presos etarras con achegamentos aos lugares de orixe ás veces masivos alegando sempre o mesmo: degoiro de paz, esa na que agora se vive unha vez silenciado o arsenal. Pero aínda así, incluso sen existir, Eta segue sendo unha arma política.

Comentarios