Opinión

Europa non tan forte e unida

SON MALOS tempos para a UE, e non só pola saída británica. Merkel, a principal líder continental dos últimos tres lustros, vén de reivindicar unha Europa forte e unida ao recibir o premio Carlos V, pero o proceso macroestatal que desde os inicios foi medrando empezou a minguar co Brexit e en varios países prima o nacionalismo patrio e ponse en cuestión a lexislación común. Polonia e Hungría incumpren os valores da UE e litigan para seguir recibindo beneficios dos que por aquilo foron privados, e aínda así o primeiro rebélase contra a Xustiza europea ao declarar o seu Constitucional varios artigos do Tratado contrarios á súa lei fundamental. En España, Vox súmase aos dous países do Este gobernados pola ultradereita para reclamar a recuperación da soberanía xudicial, postura lóxica polo seu ultranacionalimo acrecentada polas labazadas recibidas dos tribunais europeos. Pero se non se permite unha UE por riba dos países non será unha UE unida.

Comentarios