Opinión

Evasión fiscal comunmente consentida

UNHAS VIRXINAIS illas británicas situadas no Caribe, que non chegan a 30.000 habitantes e teñen unha renda per cápita cercana aos 40.000 dólares, son dos países máis prósperos da zona. E todo porque a base da súa economía é o rexistro de empresas estranxeiras. Seguen tendo á raíña do Reino Unido como xefa de Estado e son un dos principais paraísos fiscais, dos máis de setenta comunmente recoñecidos, e que aparecen profusamente nos Papeis de Panamá. Alí camuflaron os seus cartos millonarios de todo o mundo, porque poden, porque os estados non só o permiten, senón que incluso algúns funcionan eles mesmos como tales para captar estes fondos opacos. E para atopalos non hai nin que saír da Unión Europea. Luxemburgo, poño por caso. Políticos, empresarios, deportistas de elite ofrecen leccións de limpeza e solidariedade pero agochan as súas miserias tributarias. Cinismo consentido.

Comentarios