Opinión

Excesos do libertarismo económico

POR MOITO que o Goberno defenda politicamente na economía unha filosofía libertarista de mínima intervención estatal, hai asuntos nos que son obrigadas as actuacións. Estes días de frío intenso coincidiron con subas da luz, por unha lóxica de mercado, o que acrecenta a pobreza enerxética que se ceba cos fogares máis vulnerables. O eléctrico é un sector básico no que o Executivo debe, porque pode, influír no sistema de fixación de prezos, pois senón seguirá a sensación de que existen intocables que deixan desprotexido o consumidor por moitas tropelías que cometan. O da electricidade é un deses sectores, xunto co dos carburantes e o bancario, por moito que algúns directivos das caixas acabaran sentenciados, pero esa é outra historia. Isto está ocorrendo porque aínda que se apela á sacrosanta competencia no mercado, o certo é que o oligopolio permite fixar unha tarifas que no caso das eléctricas poden deixarnos xeados.

Comentarios