sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Falso debate con erro de partida

SERÁ CERTO, pero non acabo de ver a relación entre plurinacionalidade e insolidariedade. Pois é un debate que se está dando dentro do PSOE, no que algúns defenden a coexistencia de varias nacións dentro do Estado, coma o exsecretario xeral Pedro Sánchez, e outros, como o presidente aragonés e moitos máis, que ven esa postura reprobable pois cren que así se pon en risco España e a cohesión entre comunidades, como se Euskadi e Navarra non tiveran xa privilexios. Pártese do erro de considerar nación como termo xurídico en vez de político, ou o que é o mesmo, que se usan como sinónimos nación e estado, cando o último é administración e o anterior sentimento de pertencia colectiva. Ninguén dubida da existencia da nación xudía, estendida por todo o mundo, inmensamente máis grande que Israel; igual que hai nacións sen estado e outras repartidas entre varios. Falso debate entón.

Falso debate con erro de partida
Comentarios
ç