Opinión

As farsas financeiras non deben saír gratis

CONFÍA PLENAMENTE o Banco de España en que as actuacións da Audiencia aclaren dúbidas sobre a súa actuación no caso Bankia, que se pode facer extensiva á CNMV, tamén en entredito. Desde logo, moitas lagoas existen cando algúns informes cualificaban de inviable a saída á bolsa e outros consideraban que as contas non reflectían a imaxe real da entidade. Sospeitas neste caso e en todo o proceso de reestruturación do sistema bancario, incluída a fusión das caixas galegas, que se baseou nunha especie de auditoría externa que avalaba a viabilidade, mais pouco despois comprobouse que non era solvente e acabouse vendendo logo do seu rescate público. Farsas financeiras pagadas polos cidadáns cando os xestores e membros dos consellos de administración amasaban hipotéticos beneficios. Menos mal que a Xustiza chega a tempo, porque a pésima xestión pública non debería saír gratis.

Comentarios