Opinión

Favorecer ou encoller a desigualdade

CENTOS DE miles de exemplares vendidos, como se dun novelista de éxito se tratara, e iso que as súas obras achéganse ás mil páxinas, se non as superan. "Gaño tanto cos libros que debería pagar o 90% en impostos", recoñece a xeito de resaltar a súa idea de gravar considerablemente as rendas altas o economista Thomas Piketty, que arrasa nas librerías desde hai uns meses co seu último traballo, Capital e ideoloxía, igual que anos atrás con O capital no século XXI, ambos os dous traducidos ao castelán e a outra trintena de idiomas. Nas súas obras, Piketty clama contra a concentración de riqueza cada vez en menos mans, agravado pola crise. Pero aínda que venda millóns de libros, son poucos os que seguen os seus postulados e lexión os que o rexeitan ao ver atacado o liberalismo, cando realmente o que está é reordenando o capitalismo e poñendo límite aos supermillonarios. O tempo dirá se a economía vai por aí ou segue favorecendo a desigualdade.

Comentarios