Opinión

Feijóo é nacionalista galego, seica

O ÚLTIMO reproche a Feijóo, que como calquera outro político está exposto á crítica aínda que sexa máis grato ser enxalzado, é que se trata dun perigoso nacionalista galego cómplice dos independentistas que queren rachar España. E todo por reclamar ao Goberno central competencias para Galicia que figuran no seu Estatuto.

Claro, as acusacións veñen dos partidos periféricos ao PP, Cs e Vox (seguro que a Casado tampouco lle gustou), que defenden a recentralización, aínda que sexa anticonstitucional, por atentar contra o Estado das autonomías como estrutura legalmente formada hai 40 anos. Se por algo podería ser criticado Feijóo é por non ter pedido antes esas competencias tras unha década de Goberno, ou incluso por non aceptar un novo texto autonómico cun maior teito competencial cando así era requerido precisamente polos nacionalistas galegos, pero a recriminación que lle fan as outras dereitas debeulle de parecer a máis delirante de cantas ten recibido. 

Comentarios