jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Feminismo, igualdade, exclusividade

VALE que socialismo e feminismo son inherentes ao PSOE, polo seu ideario de igualdade, pero de aí que se arrogue exclusividade do movemento é excesivo, por máis que o de primeira onda, no século XIX, se xestara en parte no socialismo francés. Certo que pola contra hai formacións políticas que atacan esta defensa dos dereitos da muller parellos aos do home, aí si que é necesario diferenciar, porque eses partidos, por contraposición, son machistas. Lanzan a mensaxe de que non son nin unha cousa nin a outra, cando iso é imposible, porque non ser feminista leva implícito o machismo, non ser partidario da igualdade é amparar a superioridade masculina. A vicepresidenta do Goberno e secretaria de Igualdade do PSOE tamén denuncia que a dereita dá ás ao machismo, e aí si que a acompaña a razón, ao ver como algún partido incluso se cuestiona a lei de violencia de xénero ou descualifica as defensoras da igualdade como feminazis.

Feminismo, igualdade, exclusividade
Comentarios