Opinión

Foro La Toja en A Toxa

UNHA TRINTENA de relatores ofrecen estes días no Grove a súa visión do mundo nun foro que pretende ser unha cita de referencia no debate intelectual e académico. Presidentes de institucións e entidades públicas e privadas, ministros, conselleiros delegados e outros que ocuparon eses postos intercambian ideas e experiencias sobre a democracia liberal a ambas as dúas beiras do Atlántico, cunha chiscadela incluso para o espazo anglófilo, non no da discusión, senón na pausa de descanso logo da porfía dialéctica que no programa figura como coffee break. E como noutras edicións, non faltou o cara a cara entre dous expresidentes, González e Rajoy, que desta volta xa non vai a Raxoi por non ter unha junta da Xunta, como cando era vicepresidente en Galicia e así quedara reflectido nos oitenta do século pasado nunha viñeta de O Carrabouxo. Seguridade enerxética, o reto demográfico ou a loita contra a inflación son asuntos que aborda La Toja en A Toxa.
 

Comentarios