lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Fuga de capitais

A UE obrigará ás multinacionais a dar conta dos beneficios obtidos en cada país e detallar a súa actividade en paraísos fiscais. Deste xeito facilitará o descubrimento de posibles fugas de tributos que as grandes empresas conseguen grazas a argalladas con algúns estados e así burlar pagos que deberían. Gran problema a existencia deses edéns económicos nos que se poden camuflar as grandes fortunas, persoais ou xurídicas. A súa pervivencia é lesiva para o resto de estados, e nin así son quen de unirse para eliminalos, e non sería difícil se as principais economías así o decidiran. Evitaríanse chantaxes como tantas se teñen dado de empresas a gobernos de ameazar con abandonar un país se o Estado non se prega ás esixencias. Son competencia desleal. E igual de lesivos son os paraísos fiscais interiores, como Madrid, así catalogado pola OCDE, que consegue compañías e facendas a conta doutras comunidades. Para ben das sociedades e mal da cidadanía.

Fuga de capitais
Comentarios
ç