jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Fútbol, traballo de primeira

SEICA VAI haber folga no fútbol. Confeso que non me preocupa, pódese subsistir sen el; pero entrei en conflito por levar tanto tempo equivocado ao pensar que a crise non ía cos profesionais do deporte máis practicado en España. De feito, cando ducias de miles de persoas perderon o traballo e outros millóns sufriron considerables rebaixas de soldo, a remuneración dos futbolistas de Primeira e Segunda División incrementouse. Este ano o mínimo que cobra un xogador de Segunda son 64.500 euros, e un de Primeira, 129.000. Non está mal. E iso é para os menos cualificados, pois unha manchea dos que aparecen na foto da convocatoria de folga cobran millóns, dereitos de imaxe e publicidade á parte. Pero aínda así parécelles pouco o percibido, ou moito o que teñen que pagar ao fisco. Boa parte dos sectores económicos terían argumentos para a protesta, pero os futbolistas se queren ir á folga que vaian.

Fútbol, traballo de primeira
Comentarios
ç