Opinión

Gaña quen menos erros comete

A OPOSICIÓN nunca gaña unha alcaldía, senón que a perde quen a ostenta. Iso din, con vulgaridade atinada, os manuais políticos. Por iso os partidos con responsabilidades de goberno son tan conservadores nas campañas electorais, tentando non cometer erros que poidan aproveitar os rivais, arriscando o mínimo para que nada se mova. Quen pola contra se expón é quen aspira ao relevo, por iso ten máis risco de equivocarse, como lle pasou a Abert Rivera ao defender o cambio apelando exclusivamente aos nados despois da Transición, co que sen pretendelo ataca aos maiores de 50, que aínda somos multitude. Polo desapego aos partidos tradicionais, estes na campaña agachan as siglas, pero aínda caen en erros burdos, como o de Rajoy de levar gravata en bicicleta, co que a imaxe saudable e entenrecedora que se pretende dar tórnase extemporánea. Son matices, porque dos erros medran os rivais.

Comentarios