Opinión

Illamento galego

LAMENTAMOS CANDO nalgúns foros consideran profunda a Galicia, referida a case todo o que non é costa atlántica, ou que se trata dunha comunidade remota e apartada; pero algo de razón teñen porque a pesar dos avances das últimas décadas as comunicacións co resto do mundo, de preto ou distante, son mellorables. O Ave chegou aquí trinta anos despois de Andalucía e aínda non a todas as cidades previstas, e Lugo, Monforte e A Mariña seguirán case igual de distantes. Os tres aeroportos non suman un digno polas liortas localistas e Porto estalles restando potenciais usuarios, e incluso Oviedo. A autovía coa Meseta, bifurcaba en dúas desde Benavente, foi a última das seis radiais españolas e por riba mal concibida, porque en vez de sacar as gallas desde Monforte cara Ourense e Lugo optouse pola localidade zamorana. E agora a desfeita da ponte de Pedrafita agrava a comunicación. E as demais autovías, a medias ou só en deseño. Iso. Case illados.

Comentarios