Opinión

Incentivos no rural

VARIOS CONCELLOS galegos gañaron poboación coa pandemia, nalgúns casos de xeito ficticio porque é xente que cambiou o padrón para que, se chega un novo confinamento, non a colla na cidade aproveitando que ten casa na aldea; e noutros certamente houbo persoas que se mudaron pero máis porque as oficinas virtuais permiten traballar desde calquera lugar. Pero esta situación non vai solucionar o despoboamento da Galicia baleirada, iso irase conseguindo, sobre todo, con incentivos para o asentamento de empresas, aínda que non sexan agrarias, así como outras melloras para a promoción e venta do producido. Só iso, para que os habitantes do campo poidan ter unha vida digna cos mesmos avances técnicos dos núcleos máis grandes. Cobertura telefónica e internet son básicos para cidadáns e empresas. E maila luz, algo do que careceron durante días nalgunhas zonas por un pequeno temporal. Ata agora só hai interese no rural de palabra; de feito, nada de nada.

Comentarios