Opinión

Incomodidades protocolarias

REINO UNIDO despediu a súa raíña eterna logo de colas quilométricas e agardas de horas, extensivo ao resto do mundo a través duns medios de comunicación entregados ao boato dun funeral que favorece o mantemento dunha forma de Estado que nas monarquías occidentais ten unha única tarefa: existir, unha vez privada dos seus cometidos administrativos, se entre eles non se considera o de asinar o que por obriga lle corresponde por lei. E para seguir existindo, algúns dos seus representantes vense impelidos a sacrificarse, como o monarca emérito español, que tras transcender os seus escándalos abdicou en beneficio da continuidade, unha inmolación que os herdeiros se supón que agradecen pero aos que alporiza a súa presenza, tanto que significou unha incomodidade o protocolo no enterro de Sabela II, co novo e o vello rei e as súas mulleres xuntos, como sería normal en calquera familia que non se valorara menos que a institución que representa.

Comentarios