martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Indultos divisores

OS INDULTOS dos líderes do procés que prepara o Goberno, para dentro de pouco, un mes quizais, non só dividen a sociedade polo debate promovido por interese político a pesar de que é unha potestade que ten en exclusiva o Executivo, senón que transcende o enfrontamento entre socios, como ERC e JxCat, e incluso internamente nos partidos, de PSOE e PP, onde se aprecian posturas diverxentes. A declaración de intencións popular de contundencia sen perder a moderación ás veces vese truncada pola radicalidade, para desacougo dalgúns baróns, que foxen da manifestación con Vox en contra da postura da dirección de fotografarse xunto á ultradereita. E entre os socialistas xa se fixeron evidentes a liña oficial de permitir a saída da cadea, que non a amnistía, e o rexeitamento a esta graza gobernamental por parte dalgúns presidentes autonómicos e da vella garda, a que indultou ao golpista Armada e aplaudiu a dos altos cargos cerebros dos GAL. 

Indultos divisores
Comentarios
ç