IGUAL QUE nos xulgados se descifra a lexislación, os xuíces nun campo deportivo interpretan para resolver conflitos. Así un tribunal convencional zanxa unha disputa dun xeito radicalmente distinto ao que pode sentenciar non xa outro similar, senón un autonómico ou estatal, e este distinto ao Constitucional. Ao mellor nada ten que ver con que aquel sexa dunha tendencia política e maioritariamente doutra quen se encarga de velar pola Carta Magna. No ámbito deportivo, un xuíz chega á conclusión de que os árbitros pitaron a favor dun equipo porque a empresa dun ex deles cobraba do club, igual que outro vería carencia de feitos probados; tamén un pode considerar que os responsables de tomar decisións no céspede favoreceron a quen arremeteu contra as axudas ao rival por coincidir as declaracións do presidente con que lle pitaron dous penaltis seguidos ao seu equipo cando non o fixeran no medio cento anterior. Casualidades interpretativas.
Buscar
Servicios
El Grupo
Comentarios