Opinión

Intranquilidade despois do bochorno

PERO PARA que vai dar explicacións, se houbera algunha crible, se por onde aparece é recibido con vítores, como un heroe, con exhibición bandeirística e apoio incondicional. Incluso enaltecido por parte dalgúns partidos, como se a figura do emérito fose sinónimo de Estado. Atacar o Rei autoexiliado que pretende retornar é como facelo contra España, opinan os defensores do monarca obviando as súas condutas inadecuadas, como se todo lle estivese permitido. Ah, si, claro que lle estaba, porque era inviolable. Insulto para a maioría dos cidadáns a súa actitude en Sanxenxo, pero o máis agraviado é o seu herdeiro, que recibe as labazadas propinadas contra o pai vista a súa escasa autoridade, e a institución, que se empeña en ofrecer transparencia e bate contra quen se regodea na opacidade. Cada aplauso ao emérito é un lapote ao Rei, e cada estadía súa no país é unha chantada á monarquía. E en xuño volve, para intranquilidade do xefe do Estado.

Comentarios