NON É CONTRA a amnistía, é contra a investidura. Están no seu dereito de manifestarse aínda que sexa para deslexitimar un resultado electoral, o que os deixa nunha posición antidemocrática, pero o que rexeitan é sobre todo que se forme un goberno que non sexa o seu e iso, din, é defender España. É moi dalgúns sectores non aceptar que haxa outros no poder, non é a primeira vez que isto ocorre desde a xa lonxana Transición, e as continuas concentracións diante de sedes socialistas non se sabe se responden só a un cabreo porque non lles gusta pasar outros catro anos na oposición ou a guiarse polo imperativo que desde hai tempo circula polas redes ultradereitistas de "despertade", a saber se queren compeler a que se madrugue para ir traballar ou cominar a asaltar o poder que non conseguiron con votos. Os mesmos que berraban "a por eles" para que mallaran independentistas cataláns van agora contra outros, como se a solución fose laminar o distinto.
Buscar
Servicios
El Grupo
Comentarios