Opinión

Investigar dirixentes ou partidos

COMO O código ético dos partidos non é lei, senón particular de cada un, a postura sobre os imputados varía, desde a radical de Podemos e Ciudadanos de non admitilos nas listas, ata a máis morna do PSOE e o depende do PP. De feito, estes dous últimos levaron como candidatos a investigados nas últimas convocatorias. Alá cada partido, que faga o que crea convinte baixo risco electoral, porque legalmente calquera que non estea inhabilitado pode concorrer nunha lista, incluso aínda que se abra xuízo oral, porque a sentenza pode ser absolutoria. Falamos de persoas físicas, pero cando se trata das xurídicas, como os partidos, que ocorrería? Un xulgado acaba de imputar ao PP valenciano por branqueo de cartos. Se o proceso acaba con condena, que sucedería? Que o partido non se podería presentar nesa comunidade? Tería que cambiar de nome só aí? Sexa como for, está nun aperto gordo.

Comentarios