Opinión

Inviolabilidade real

l

OGO DE ASEGURAR que en España non existe espazo para a impunidade, recoñéceo ao suxerir a posibilidade de modificar a Constitución para limitar a inviolabilidade do Rei; polo menos considérao para unha persoa. Pero afrontar este cambio no aforamento real leva aparellada unha reforma acompañada de referendo, algo que require un amplo acordo político, que non parece factible sobre este asunto. Vale, nin neste asunto nin en ningún outro, porque semella que se se abre a billa para un virán detrás moitos outros e podería implicar un cambio de sistema. Precisamente o partido que foi dos máis remisos a aceptar o texto constitucional, é agora o máis férreo defensor, por moito que parte do articulado quedara desfasado tras máis de corenta anos de vixencia. A monarquía atópase no seu peor momento desde o cambio de réxime, e acabar coa súa protección total axudaríalle a mellorar, aínda que tamén podería ser un risco para a súa subsistencia.

Comentarios