Opinión

Labazada que non desbloquea 14.000 millóns

DÁ IGUAL quen tivera razón, pero se é a da maioría, neste caso arrógana a oposición e o resto de partidos que uparon o Goberno tras as eleccións de novembro. Sonora labazada a conta dos concellos e dos seus aforros, rebotada con estridencia na faciana do principal valedor, o alcalde de Vigo, presidente da FEMP. Non convenceu o Executivo ao concluír que era un xeito de desbloquear os remanentes que desde 2012 non poden gastar as entidades locais, 14.000 millóns, e transloce unha imaxe prepotente por non conseguir atraer a ninguén máis que a Teruel Existe.

"Sobra soberbia e falta diálogo e consenso". Aproveita así o PP esta sonora derrota por 193-156 para atacar, e argumentos non lle faltan por non ser capaces os negociadores gobernamentais máis que de recibir o pírrico apoio do deputado aragonés. Un toque de atención para posteriores asuntos tras o oprobio de defender o quinto decreto lei que un Goberno perde no Congreso en democracia.

Comentarios