Opinión

Leccións andaluzas

 

AS URNAS falaron claramente o 2 de decembro e o acordo polo que o PP presidirá o Goberno andaluz e Cs o Parlamento apoiados por Vox reflicte aquel resultado. Sorpresa sería algo distinto, por moito que os populares se cansaran anteriormente en cualificar de pactos de perdedores os alcanzados por partidos que xuntos sumaran máis có primeiro, e aínda que a inquilina do palacio de San Telmo se empeñe en postularse para seguir. Susana Díaz pretendeu ser a líder de España e ao fin quédase sen nada, primeiro derrotada internamente por Pedro Sánchez e agora polo tripartito das dereitas. Pero eses comicios teñen unha lectura maior que a circunscrita á comunidade, pois na campaña xa se falou máis de Cataluña que de Andalucía para satisfacción de Vox, recuperador de valores rancios predemocráticos que emerxe como garante da unidade de España alimentado en parte polo independentismo catalán. Nada é o mesmo tras o 2-D, tampouco para Cataluña.

Comentarios