viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Lenta eliminación de privilexios

É MOI DOADO pero poucas institucións o aproban, e iso que non fai falta elaborar unha enquisa para saber que a inmensa maioría da poboación está en contra dos aforamentos dos representantes públicos. Cantabria vén de certificar a reforma do Estatuto que elimina este privilexio de deputados, conselleiros e presidente. Anteriormente xa o fixeran Canarias e Murcia, pero en Congreso e Senado aínda non foron capaces. Non hai moito a maioría da Cámara Alta rexeitou unha iniciativa de Cs coa escusa de que non é o momento para abordar unha reforma da Constitución. E aí seguen aforados todos os representantes das Cortes, o que garante unha decisión política cando algún deles é citado como investigado, e por riba de todos eles o Rei, inviolable e non suxeito a responsabilidade. Coberturas legais democraticamente cuestionables, prerrogativas que moi amodiño se van retirando, pero de momento só en algúns estatutos de autonomía, poucos.

Lenta eliminación de privilexios
Comentarios
ç