martes. 18.05.2021 |
El tiempo
martes. 18.05.2021
El tiempo

Liberdade para abrir os bares

Libres para tomar decisións, pero suxeitos a leis coercitivas. Limitados sempre. Cando o PP madrileño reivindica a liberdade o único que contrapón a outras ideoloxías é unha extensión da positiva, de poder ter abertos os bares máis tempo, de que os grupos que poidan entrar nos establecementos hostaleiros sexan máis numerosos, e pouco máis; como mínima prolongación da liberdade negativa á que se refería Isaiah Berlin de ausencia de impedimentos. Porque actuar como mellor nos pareza choca coas restricións establecidas. Carecemos da liberdade de non pagar impostos, pero si a temos para afiliarnos a un partido que defenda a redución ou o incremento de tributos, porque así está marcado lexislativamente, pois o Estado protexe a liberdade dos cidadáns para que non exerzan a coerción entre eles. Leis que acoutan e leis que garanten liberdades, pero nun marco que condiciona a liberdade negativa, aínda que desapareza o estado de alarma.

Liberdade para abrir os bares
Comentarios
ç