Opinión

En liberdade algo de mellora necesitamos

UN INGLÉS que considera idílico España e un español que sitúa Inglaterra como estandarte de liberdade. Ambos os dous critican as eivas do seu país e salientan as bondades do outro. Nunha beira, un pianista británico conta como lle cambiou a vida desde que se asentou en Madrid e na outra un xornalista lamenta que en España non se poida gravar para televisión unha serie na que se faga chanza da familia real, como ocorre en Gran Bretaña cos Windsor, que se pode ver aquí a través de Netflix, e na que se ridiculiza a algúns membros e incluso outros aparecen en sketchs como delincuentes. Aquí non sería posible, ou si a risco de acabar na cadea, como lle vai pasar a un rapeiro que foi condenado a tres anos e medio de prisión por inxurias aos Borbóns. Cada autor gaba as bondades do outro país, así España gañaría en sanidade ou en moitos outros aspectos, pero en liberdade imos moito por detrás

Comentarios