Opinión

Liderado sen sombra

ESTE LUNS foi primeiro de marzo. Non figura en ningún mapa de rúas, nin se celebra coa mesma magnitude que efemérides cercanas como o cabodano de Cunqueiro, o día anterior (40 van xa), ou o nacemento de Rosalía, o pasado 24. Pero esta data adquire cada vez máis relevancia pola prolongación no tempo que veu despois do 2009. Representa o inicio do período de Feijóo á fronte da Xunta, sen ter certeza de caducidade, pois aínda que el considerou que dúas lexislaturas eran tempo «razoable e suficiente» xa van catro, polo que non se poden descartar novos intentos para superar as maiorías absolutas de Fraga. Como tampouco se pode desbotar a posibilidade de que non conclúa esta, a máis contundente en apoios (comezou con 38 deputados e agora suma 42) e faga as maletas se as circunstancias así o requiren por Madrid. Contrasta, iso si, a súa alza na Xunta co minguante poder local do partido, un liderado sen sombra que semella ata cando el queira.

Comentarios