Opinión

Locais como primarias

Entón quedamos en que estas son eleccións xerais nas que se deciden cos votos cidadáns os representantes nos concellos e algunhas comunidades como un asunto menor. Xerais porque á hora de interpretar os resultados os dous principais partidos computarán todos os votos como se dunha circunscrición única se tratara, como se fosen europeas. Xerais porque os dirixentes destas formacións políticas teñen uns discursos en clave nacional.

Os demais non, pero estes si, porque se toman a convocatoria como unhas primarias para Sánchez e Feijóo xa que saben que quen gaña as municipais é posible que saia vitorioso uns meses despois para a presidencia.

Iso sempre ocorreu en España excepto no 2007, cando os populares sumaron máis votos cós socialistas nas eleccións locais pero no 2008 Zapatero mantivo con claridade o liderado. Aínda que quedar primeiro non significa gobernar, quen sume máis recibirá un impulso cara a Moncloa.

Comentarios