Opinión

Máis contribuíntes multimillonarios

HAI OITO anos apenas superaban os 200 e agora o número vaise achegando aos 500. Son os contribuíntes españois que declaran posuír máis de 30 millóns de euros. Estaba claro e isto constátao, a crise non foi total, as grandes fortunas medraron en España durante este período negro do que libran os máis poderosos.

Tamén creceu a cantidade de executivos de banca ou banqueiros con retribucións anuais superiores ao millón de euros a pesar de pertencer a un sector intervido debido á mala xestión. Este modelo dista bastante do que defende un reparto máis equitativo da riqueza do país, que parece concentrarse en vez de disgregarse, onde o paro segue situado en cotas inasumibles e moitos dos novos contratos son semiescravistas por necesidade.

En resumo, esta é a evidencia en cifras do aumento da desigualdade social e da cantidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión.

Comentarios