Opinión

Máis crispación

"Hai que acabar con ese fillo de puta", expresión oída a un lucense pouco antes das eleccións de xullo. Os insultos a Pedro Sánchez non son novos. Se non antes, xa empezaran catro anos atrás cando se formalizara o pacto con Podemos que permitía o primeiro goberno de coalición logo do antigo réxime. Daquela era por Iglesias, agora por Puigdemont, pero o presidente recibe ofensas continuas, e nas manifestacións contra a investidura que se prevé para esta mesma semana óense improperios grosos porque non se acepta unha derrota.

Como dixo no último número de Tinta Libre José María Maravall, que fora o primeiro ministro de Educación con Felipe González, "a crispación serve para ocultar a relevancia que teñen algunhas políticas sistematicamente bloqueadas pola dereita", porque é a amnistía como podería ser o matrimonio gai, o aborto ou tantas outras coas que intentar anoxar a sociedade contra un goberno, para acabar con el.

Comentarios