Opinión

Máis próximo ao PP que a Podemos

RECOÑECE O presidente da xestora do PSOE que na actualidade o partido está máis preto do PP ca de Podemos, por máis que en parlamentos autonómicos e concellos alcanzaran acordos as formacións que agora parecen máis rivais que aliadas. Esa aproximación socialista cara aos populares callou coa abstención para que Rajoy fose presidente, pero anteriormente producíronse acordos, oficiais ou tácitos, dos que sacaron proveito ambos os dous, ou ben evitaron lesionarse. Falaremos só de dous casos-lugares nos que non consta por escrito pero as testemuñas de achegamento son evidentes: O Fiouco e Angrois. Non se agriden pola autovía A-8 cortada cada dous por tres porque PP e PSOE tiveron responsabilidades de xestión e sobre o accidente de tren ás aforas de Santiago incluso chegaron a evitar a investigación no Congreso polo mesmo motivo. Protéxense porque nunha guerra os dous poderían perder

Comentarios