lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

Máis respecto

NON GUSTOU nalgúns sectores a guía de comunicación inclusiva do Concello de Barcelona. Seguro que non é do agrado do agresor homófobo que hai uns días nesta cidade ameazou a un gay: "Voute facer heterosexual a hostias". Igualmente tampouco aprobarán o texto os nove vixilantes de seguridade apartados por Renfe por mallar nunha persoa migrante.

Nin seguirá a pauta o responsable da morte dun senteito ao que golpeou desapiadadamente. Quen rexeita o documento despreza o distinto e defende a superioridade dunhas etnias sobre outras cando, por exemplo, cualifica a alguén "de cor" cando ten un ton de pel diferente ao seu, ou amosa o seu machismo cando lle espeta a un varón de calquera idade que chora coma unha nena. A educación en igualdade debería ser na familia ou na escola, pero os concellos non deben abstraerse deste traballo imprescindible para a convivencia e o respecto que algúns rexeitan e por riba critican a quen o demanda.

Máis respecto
Comentarios