Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Máis tensión que hai un ano

PASOU DIADA, que marca a temperatura do independentismo desde o 2012 unha vez que o Tribunal Constitucional derrubara parcialmente o Estatut aprobado polo Parlament e o Congreso e convalidado polos cataláns, e o ambiente continúa caldeado. Lóxico, porque case o ano transcorrido desde o referendo fallido lonxe de traer tranquilidade veu cargado de enfrontamento, cunha sociedade fendida pola metade, políticos presos e fuxidos e ánimos exaltados por ambas as dúas posicións.

O cambio de Goberno permitiu unha vía de aproximación que por agora non é máis ca unha senda, polo que moito haberá que rozar e cimentar ata que se asfalte. A derrota legal do soberanismo, primeiro coa instrución na que se está e logo na previsible condena, non é sinónimo de sometemento social, como se demostrou neste último 11-S. Entón a situación é peor que no 2017, porque a xudicial no foi a mellor das estratexias.
 

Máis tensión que hai un ano
Comentarios