Opinión

Máis tolerancia e menos trincheira

Contribuír a crear un clima de tolerancia e convivencia pacífica. Esa era a petición da federación das asociacións da prensa de España para os seus asociados neste ano. Evidentemente non todos os xornalistas están na Fape, pero seguro que moitos dos afiliados fixeron oídos xordos a esta petición, pois aínda que non representan a maioría si semella pola estridencia que producen ao utilizar a profesión como campo de batalla política en defensa dunha beira da trincheira. Desvirtúan o oficio ao recorrer ao periodismo de bando no que non se diferencia a análise propia da de partido; xornalismo de parte, semellante ao de Sálvame pero en política, como se pode apreciar cada fin de semana nas televisións xeralistas e a diario en xornais que buscan máis o like que a veracidade, como se de youtubers se tratara para buscar adeptos. Se a Fape reclama que se propague tolerancia en vez de intransixencia é porque existe esta deriva. En verdade que si.

Comentarios